quarta-feira, 1 de julho de 2020

quarta-feira, 2 de outubro de 2013

XI Enduro de Pontecesures terá lugar o próximo dia 27 de Outubro de 2013

Já estão abertas as inscrições para o XI Enduro de Pontecesures que terá lugar o próximo dia 27 de Outubro. A prova, que apresenta muitas novidades a respeito de edições de anos anteriores, enquadra-se este ano dentro da Liga Nacional Galega de Enduro 2013 e terá um percurso polo monte completamente novo e de grande atractivo para os aficionados ao enduro.
Toda a info sobre a prova e o acesso ao formulario de inscrição está já disponível aqui: http://txrace.com/eventos/enduro-pontecesures-2013/index.html
Esperamos-vos o 27 de Outubro de 2013 em Pontecesures!


sábado, 12 de maio de 2012

Modernización estética da HONDA TX RACE™ 2T Updated Line xa disponíbel no mercado




GALEGO

A HONDA TX RACE™ 2T Updated Line é unha actualización e modernización na liña estética do modelo 2 Tempos de Enduro e Motocross [CR e CRE] que Honda deixou de comercializar na Europa en 2007. Esta solución supón unha notábel modernización estética e unha revalorización da motocicleta, que compensa amplamente o custe económico da actualización.

CASTELLANO

La HONDA TX RACE™ 2T Updated Line es una actualización y modernización en la linea estética del modelo 2 Tiempos de Enduro y Motocross [CR y CRE] que Honda dejó de comercializar en Europa en 2007. Esta solución supone una notable modernización estética y una revalorización de la motocicleta, que compensa ampliamente el coste de la actualización.

PORTUGUÊS

A HONDA TX RACE™ 2T Updated Line é uma actualização e modernização na linha estética do modelo 2 Tempos de Enduro e Motocross [CR e CRE] que Honda deixou de comercializar na Europa em 2007. Esta solução supõe uma notável modernização estética e uma revalorização da motocicleta, que compensa amplamente o custo da actualização.

ENGLISH

HONDA TX RACE™ 2T Updated Line is an updating and modernization of the aesthetic line of model 2-stroke of Enduro and Motocross [CR and CRE] that Honda stopped selling in Europe in 2007. This solution involves a significant aesthetic modernization and revalorization of the motorcycle, which compensates for the cost of the update process.

[Imaxes / Imágenes / Imagens / Images]

MAIS INFO / MÁS INFO / MORE INFO

TX RACE™ Motos
Redondo, 74 – baixo
36640 Pontecesures [PO] – Galicia [España-UE]
Telf.: +34 986 55 70 94
www.txrace.com

domingo, 6 de maio de 2012

Pilotos superan test de dureza no X Enduro de Pontecesures

Este Domingo día 6 de Maio desenrolouse polos montes de Pontecesures e Valga o X Enduro de Pontecesures, prova puntuábel para o Campeonato Nacional Galego de Enduro 2012.



A prova, organizada por Motos TX RACE, contou coa colaboración do Concello de Pontecesures, Protección Civil de Valga e Cesures, así como das Comunidades Veciñais de Montes de Grobas e San Miguel de Valga.

Perto de 70 pilotos inscritos participaron nun enduro extremo e de grande dificultade técnica onde houvo un grande número de penalizados devido ás dificuldades en trialeiras e en diversas zonas do percorrido.



A clasificación final da prova ficou liderada na categoria Senior por Daniel Carracedo, seguido de Carlos Castro e Xacob Agra. En Senior B, venceu Francisco Fernández, seguido de David Fabeiro e Oscar Álvarez. En Junior o vencedor foi Alfonso Garcia, seguido de Manuel Muñiz e Juan C. Moreiras. Na categoria Veteranos o gañador foi J. Carlos Fernández Puga seguido de Rafael Garcia e José D. García. En Féminas a vencedora foi Natalia Alonso, seguida de Mar Ortigueira e Ana Sanchez na terceira posición. E por último, na categoria Afecionados, o vencedor foi Feliz Méndez, seguido de Benito Varela e Javier Estévez.

TX RACE agradece a todas as persoas que colaboraran desinteresadamente na organización da prova, sen os cales non sería posíbel levala a cabo. Agradecimentos tambén para os pilotos participantes e o público asistente.

Toda a info da prova en: http://www.txrace.com/eventos/enduro-pontecesures-2012/index.html

quinta-feira, 3 de maio de 2012

Comunicado de TX RACE a respeito do X Enduro de Pontecesures

TX RACE comunica que está realizando os preparativos para a organización do X Enduro de Pontecesures, e que a prova será organizada según o previsto o próximo Domingo día 6 de Maio baixo os criterios de calidade e profesionalidade habituais de TX RACE.

Asimesmo, TX RACE conta con todas as autorizacións e permisos necesarios para a organización do enduro diante da FGM, Consellaría de Medio Rural, Comunidades Veciñais de Montes e Concellos de Pontecesures e Valga.

No entanto, vémonos na obriga de comunicar que despois de ter marcado o percorrido do monte coas sinais regulamentares indicativas para os pilotos; descobrimos o pasado Martes, que nese mesmo día de madrugada foran arrancadas e roubadas as flechas e sinais indicativas de aproximadamente 10 km de percorrido. A FGM foi avisada e o caso foi denunciado este mesmo Xoves de mañá diante da Garda Civil.

TX RACE lanza este comunidado dado que esta situación supón un importante atranco organizativo de traballo, tempo, custe e extress ao vérmonos na obriga de remarcar de novo desde cero o percorrido cando xa fican poucos días para a prova, e é unha situación inédita para nós que deve ser posta en coñecimento da comunidade endurística galega para que non volte a acontecer.

Por último, destacamos o noso empeño de seguir apostando polo deporte da moto de campo no noso país coa mesma ilusión e profesionalidade que o vimos facendo nos últimos 20 anos.

En Pontecesures, a 3 de Maio de 2012

TX RACE Motos
Rúa Redondo, 74 – baixo
36640 Pontecesures
+34 986 55 70 94
www.txrace.com

Galego de Enduro 2012 chega a Pontecesures o 6 de Maio da man de TX RACE

Enduro de Pontecesures será o 6 de Maio baixo a organización de TX RACE. Será a última prova antes do verán do Campeonato Nacional Galego de Enduro 2012. Mais info: www.txrace.com

Localización do Parque Fechado e Verificacións [ver mapa]:
Pavillón Polideportivo Municipal
Estrada das Escolas, s/n
Pontecesures

Localización da Crono [ver mapa]:
Lugar de Grobas
Pontecesures

Programa e Horarios:
Sábado 5 de Maio de 2012
- 15h30 a 19h: Verificacións administrativas e técnicas
- 20h: Briefing

Domingo 6 de Maio de 2012
- 9h: Saída do primeiro participante
- 13h30: Chegada ao Parque Fechado do primeiro participante
- 15h45: Publicación das clasificacións
- 16h30: Entrega de prémios (Lugar: Fegaclasic. Porto de Pontecesures. Detrás da Nestle)

Toda a información da prova xa disponíbel no portal web de TX RACE [www.txrace.com]

quarta-feira, 7 de dezembro de 2011

TX RACE lanza servizo de matriculación de motos Off Road

TX RACE lanza servizo de matriculación de motos Off Road

TX RACE presentou o pasado mes de Novembro de 2011 o servizo de matriculación de motos Off Road. Con este servizo TX RACE ofrécelle aos usuarios de motos de cross a posibilidade homologaren e matricularen a súa moto para poderen circular legalmente por vías públicas.

O custe do servizo é 1.300 € (sen IVE) incluíndo:

- Creación da documentación da moto.
- Creación da Ficha Técnica da moto.
- Habilitación do Permiso de Circulación da moto.
- Xestión de ITV (Inspección Técnica de Vehículos).
- Porta-Matrícula.
- Faro dianteiro.
- Placa de Matrícula homologada.

TX RACE homologa con este servizo calquera motocicleta de motocross sen papeis. A demora aproximada do proceso é dun mes.
--
Mais info:

TX RACE
Redondo, 74 – Pontecesures [Pontevedra]
Tel.: +34 986 55 70 94
Email: info[arroba]txrace.com
http://www.txrace.com